archivo

Archivo de la etiqueta: meipi

IMG_0336

Actualmente participo nun proxecto de dinamización das TICs e nun dos talleres celebrados no IES Xograr Afonso en Sarria organizamos uns encontros, os primeiros trataban as narrativas dixitais e o seus carácter híbrido, en canto misturan textos, sons audios e vídeos e no segundo as cartografías dixitais e como estas podían representar unha interesante aposta para a xeolocalicación de contidos.

Co obxectivo de poder incidir na idea de comunidade de aprendizaxe interesábanos a posibilidade de desevolver un mapa colaborativo, na que todos os e as alumnos/as puidesen encher de contidos un mapa. Para iso usamos a ferramenta dixital MEIPI que permite xeolocalizar contidos nun mapa e facilita o a creación colaborativa e compartida de información.

Read More