Os meipis como ferramentas pedagóxicas

IMG_0336

Actualmente participo nun proxecto de dinamización das TICs e nun dos talleres celebrados no IES Xograr Afonso en Sarria organizamos uns encontros, os primeiros trataban as narrativas dixitais e o seus carácter híbrido, en canto misturan textos, sons audios e vídeos e no segundo as cartografías dixitais e como estas podían representar unha interesante aposta para a xeolocalicación de contidos.

Co obxectivo de poder incidir na idea de comunidade de aprendizaxe interesábanos a posibilidade de desevolver un mapa colaborativo, na que todos os e as alumnos/as puidesen encher de contidos un mapa. Para iso usamos a ferramenta dixital MEIPI que permite xeolocalizar contidos nun mapa e facilita o a creación colaborativa e compartida de información.

Outra cuestión importante era a de que os contidos que usasemos tiven licencias libres, xa que asi nos permitía o seu uso, asi que buscando atopámonos co Arquivo Tradicional Oral da Identidade http://www.apoi-mpg.org/ elaborado polo Museo do Pobo Galego no que recolleron e dixitalizaron máis de 390 cancións tradicionais recollidas por toda Galicia.

meipipatrimoniooral2

Asi a partir destos recursos os rapaces e rapazas de bacharelato do IES Xograr Afonso do concello lugués de Sarria desenvolveron de forma colaborativa o primeiro Mapa do Patrimonio Oral Galego cos rexursos que dispoñiblizou en liña o Museo do Pobo Galego.

Este mapa ao que se pode acceder online: http://meipi.org/patrimoniooralgalego foi desenvolvolto por mais de 20 rapaces e rapazas quen puideron coñecer de primeira man como as cartografías dixitais poden ser unha ferramenta colaborativa, ademais ao desenvolver este mapa todo aquel que queira acceder a esta información o pode facer a través dun click.

Aqui tes máis información das posibilidades dos meipis como ferramentas colaborativas e pegadóxicas e de como hai que crear esos mapas http://meipi.org/faq.php

Deja un comentario